Doces e Lambetadas: receitas con historia (Matilde Felpeto Lagoa) Xerais Edicions

26,95 €

ISBN: 8411100340

Cantidad
Sin stock. Se puede pedir. Entrega estimada 7 a 10 días

Estado de Conservación: Nuevo

Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando a historia da gastronomía.

Estas elaboracións culinarias naceron ligadas a unha cultura, a un pobo, e outras foron creación dunha cociñeira ou cociñeiro, pero todas se espallaron polo mundo e perduran no tempo. Cada unha das receitas ten unha historia e unha evolución que se conta no libro.

Matilde Felpeto ofrécenos máis de 50 deliciosas receitas con historia: desde a torta de Santiago ás filloas, desde as natas de Belém ao mousse de chocolate, desde a torta real de Allariz ao arroz con leite, desde a crema queimada ao tiramisú; mais tamén o pão-de-ló á charlota, os brownies, os melindres, o roscón de reis, a torta San Marcos ou o pudin de castañas, entre outras moitas.

Ficha técnica

ISBN
8411100340
EAN13
9788411100342
Autor
Matilde Felpeto Lagoa
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Páginas
148
Año
2021
Estado de Conservación
Nuevo

También podría interesarle