

Vigo e comarca caminando propón 20 rutas doadas e circulares para practicar o sendeirismo. Á facilidade das rutas, que permite facelas con nenos, engádese o feito de que a maior parte delas rematan no mesmo sitio onde as comezamos. A través de consellos, mapas, rutómetros con distancias e desruveis e fotografías ilustrativas, este libro lévanos a lugares tan atractivos como ás pozas de Mougás, ao monte Alba, a Monteferro, á Madroa e ao Vixiador, a Cabo Home, ao canón do Oitavén, á ermida da Peneda, ao faro de Domaio, ao monte Aloia, aos muíños do Folón, á serra da Grova, aos cumes do Galiñeiro, de paseo por Beade ou polos montes de Coruxo... Vigo e comarca camiñando é froito dun minucioso traballo de campo e con el, en palabras de X.L. Freixeiro, presidente da Federación Galega de Monteaña, teremos a posibilidade de percorrer suxestivos lugares con fermosas panorámicas ao mar, vales e campiñas, e adentrarnos en bosques de árbores autóctonas, camiñar á beira de regatos, ver antiguos muíños, testemuños da arte rupestre, etc.
9788497824576
PVP: 18.55€ Precio Compra: 0.01€(vta) Agotado