• ¡En oferta!

Contra todo isto: un manifiesto rebelde (Manuel Rivas) Xerais Edicions

19,95 €
18,95 € 5% de descuento

ISBN: 8491213961

Cantidad
En stock

Estado de Conservación: Nuevo

Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña.

Este libro está escrito contra Todo Isto. Todo Isto é descivilización. Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente. Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos. Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades. Todo Isto é o machismo como sistema. Todo Isto é a guerra contra a natureza. Todo Isto é domesticación intelectual. Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal. Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contra memoria. Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo. Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.

Ficha técnica

ISBN
8491213961
EAN13
9788491213963
Autor
Manuel Rivas
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Páginas
260
Año
2018
Estado de Conservación
Nuevo

También podría interesarle