A conxura dos necios (John Kennedy Toole) Kalandraka Faktoria K de Libros

22,95 €

Referencia: 8496957500

Cantidad
Sin stock. Se puede pedir. Entrega estimada 7 a 10 días

Estado de Conservación: Nuevo

“A conxura dos necios”, galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el, da súa obra “Pensamentos sobre diversas materias, tanto morais como amena”. Ignatius Reilly é un rapaz incomprendido, de personalidade enrevesada e atormentado por atopar un traballo que lle permita pagar unha débeda.

O protagonista é unha representación grotesca do heroe moderno: intelectual e lacazán, de aspecto excéntrico e desaseado, de conduta maniática e crenzas absurdas e anticuadas. Un gordinflón hipocondríaco que provoca ao mesmo tempo a risa e a mágoa. Vive anoxado coa sociedade que o rodea e trata de cambiar un mundo que non comprende, malia que lle tocou vivir nel, polo que actúa como un novo Quixote, para poder sobrevivir. Canda el, a novela presenta un elenco de personaxes excelentemente construidos, dando como resultado unha traxicomedia disparatada, ácida e intelixente, que contén unha crítica mordaz e demoledora contra a decadente clase media norteamericana, cuestionando de cheo os sistemas económico, relixioso e social do país.

Ficha técnica

ISBN
8496957500
EAN13
9788496957503
Autor
John Kennedy Toole
Idioma
Galego
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
460
Año
2008
Estado de Conservación
Nuevo