- ¡En oferta!
Libro do alumno. 3º e 4º ESO (2º Ciclo Educación Secundaria)
O proxecto curricular de música para o 2º ciclo da ESO parte do principio de que a educación musical debe comezar co canto, o ritmo, o movemento, a percusión e os sinxelos instrumentos afinados. A nova pedagoxía musical parte dos elementos musicais máis simples, sen impor nunca ós rapaces e rapazas a rixidez dunha técnica, que para eles non ten significado; pola contra, proponse espertar en cada un o sentido do son, do ritmo e do movemento, da interpretación musical e da vivencia da obra musical. Para os autores destes materiais ha ser moi importante acadar que os alumnos traballen a voz e o ritmo corporal cos pés, os xeonllos, as mans e os dedos. Por iso propoñen que na clase se faga música coa voz, frauta, ritmos corporais, movementos con música, xilófonos, metalófonos, percxursión, altura determinada e indeterminada e canto coral como parte esencial. Estes novos materiais para o ensino da Música no 2º ciclo da ESO, están organizados en seis unidades: Fundamentos do Solfexo, Os instrumentos, Formas musicais, Música no tempo, Práctica musical, Expresión corporal e danza.