• ¡En oferta!

Cabalos e lobos (Fran P. Lorenzo) Xerais Edicións

17,95 €
15,26 € 15% de descuento

ISBN: 8499148360

Cantidad
En stock

Estado de Conservación: Nuevo

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Alvaro co inquietante Bruno.

Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.

Ficha técnica

ISBN
8499148360
EAN13
9788499148366
Autor
Fran Pérez Lorenzo
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Páginas
190
Año
2015
Estado de Conservación
Nuevo