- ¡En oferta!
![](https://libreriacarrera.com/30773-large_default/palabras-con-fondo-vvaa-fondo-galego-de-cooperacion-e-solidaridade.jpg)
Un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional. É tempo de cooperar. Esa é a palabra clave dos nosos días. Todos e todas, dende todas as instancias, públicas e privadas, oficias e críticas. Cooperar non significa obviar o conflicto, non impide que cada quen faga unha lectura propia das súas causas e naturaleza nin tampouco avanzar na súa solución, quizáis máis lentamente do debido, pero nunha vía certa e segura, participativa e comprometida. Cooperar é internacionalismo solidario, aceptación mutua, é diálogo, é conciencia, é posta en común; sen altruísmo místico nin ansias de dominación; cooperar é o verbo dos que aspiran a configurar unha sociedade universal máis humana e sostible, globalizada por unha razón reivindicada que debe aínda someter a inxustiza.