Tras da Corda (Carlos G. Reigosa) Xerais Edicions Narrativa

23,95 €

Referencia: 8499143377

Cantidad
Sin stock. Se puede pedir. Entrega estimada 7 a 10 días

Estado de Conservación: Nuevo

Estes relatos de Carlos G. Reigosa son unha realidade auténtica e constante. Neles hai tensión narrativa, paixón levada ós límites, humanas cobizas e fraxilidades, temple de heroe ás veces... Adivíñase ás claras o esforzo introspectivo do narrador, mentres vai burilando os personaxes e urdindo situacións, sen que a liberdade na inventiva estrague a coherencia ou a verosimilitude (...). O narrador forxa unha prosa fluída de alta transparencia semántica, de autenticidade inobxectable.

VALENTÍN PAZ-ANDRADE Admirable libro de narracións de Carlos G. Reigosa. ÁNXEL FOLE.

Libro de estilo directo no que Reigosa nos traslada á súa Corda natal para facernos copartícipes da vida e milagres duns personaxes que sen dúbida son os heroes e heroínas dunha mitoloxía tan persoal como entrañable e inesquecible. ALFREDO BRYCE ECHENIQUE.

Todos levamos un pequeno paraiso dentro. O paraiso da memoria e da infancia, os antigos soños, as primeiras historias, as vellas paisaxes que seguen dentro de nós e nos acompañan sempre. A Corda é unha serra das terras do norte de Lugo , alén das paisaxes cunqueirianas de Mondoñedo, "serra de andar de vagar, sen présa", di o autor, "para que os homes, pola meditación da natureza, se aveñan e amiguen consigo mesmo e co seu destino". Paisaxes e historias da montaña de Lugo, da Galicia interior e profunda. Viaxe sentimental á infancia do escritor, que consegue aquí os seus máis altos rexistros literarios, momentos de emoción poética realmente sobranceiros."O tesouro de Pedro Xesto", "O milagre que lle pasou ó Eladio", "A xustiza da Madriña", etc, son historias que nacen da experiencia, do vello mundo do relato oral, da antiga memoria que, como dicia o poeta Ri1ke, é a patria do home. Un libro especialmente recomendado para os amigos da nosa literatura.

Ficha técnica

ISBN
8499143377
EAN13
9788499143378
Autor
Carlos G. Reigosa
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Páginas
320
Año
2012
Estado de Conservación
Nuevo