• ¡En oferta!

Contos de Hoffmann (Ernst Theodor Amadeus Hoffmann) Xerais Edicións

33,95 €
30,55 € 10% de descuento

ISBN: 8483025752

Cantidad
En stock

Estado de Conservación: Nuevo

O presente volume recolle catro contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffman, O Crebanoces e o rei dos ratos, O neno descoñecido, O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais, e O home da area, traducidos para o galego por Xabier Rodríguez Baixeras e ilustrados por Judith Morales e Adrià Gòdia, Manuel Ortega, Javier Sáez e Ricard Castells.

Esta dobre antoloxía vai precedida por unha introducción realizada por Luis Mateo Díez, titulada Castelos no aire, e por un emotivo epílogo, Catro rostros dun home, escrito por Juan Tébar.

Estes catro contos serán acollidos polos lectores dentro do curruncho das súas alegrías e terrores predilectos. Catro relatos que, para Juan Tèbar, poden lerse como catro rostros do propio Hoffman (escritor, músico e máis pintor, a un mesmo tempo):

O Crebanoces, posiblemente o conto máis famoso dos escritos por Hoffman, é o seu rostro para nenos, tinguido de tremores inesquecibles; 

O neno descoñecido, é o seu rostro máis infantil aínda, tinguido dunha profunda tristura e un toque de fondo misterio; 

O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais, é o rostro musical de Hoffman, unha fermosa contenda de amor;

O home da area, é o seu rostro máis sinistro, terrible versión do noso popular co, do sacaúntos ou do home do saco.

Os contos de Hoffman son divertidos, fabulosos, estarrecedores, conservando hoxe na nosa lingua todo o seu ritmo e fantasía. Contos para nenos grandes ou pequenos, contos para nenos e para os que non o son.

Ficha técnica

ISBN
8483025752
EAN13
9788483025758
Autor
Ernst Theodor Amadeus Hoffman
Idioma
Galego
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
300
Año
2000
Estado de Conservación
Nuevo

También podría interesarle