- ¡En oferta!

Parolando coa vixencia saíu do prelo nunha edición artexanal en 1987.
En 2006, vinte anos despois (foi escrito en 1986), o autor decidiu corrixir, revisar e engadir algún poema para que lle dea máis sentido ao texto sen perder o espírito inicial do que foi conbibido.
Así aparece esta nova edición enriquecida por senllos textos de Antón García Fernández e o escrito Manuel Veiga, as ilustracións de cuberta e postal de Benito Pérez Fernández ademais de dous debuxos e o deseño do ilustrador Xosé Cobas con quen se sente plenamente identificado á hora de poñer imaxes á poesía.
Parolando coa vixencia, converteuse, pois, nun proxecto afectivo-literario que desexa mesturar a vixencia do cotián coa lirica que nace no máis fondo do ser humano coma un berrro de liberdade e consciencia civil.