• ¡En oferta!

Galicia-México: imaxe máxica (Demetrio Bilbatúa) G: Galaxia Editorial

31,95 €
27,16 € 15% de descuento

ISBN: 8482888838

Cantidad
En stock

Estado de Conservación: Nuevo

Un relato da historia persoal de Demetrio Bilbatúa (Vigo 1935), dos avatares da súa familia durante a Guerra Civil, o encontro con México e o desenvolvemento da súa carreira como documentalista. Trazzos autobiogrñaficos, referencias de época e testemuños de familiares e amigos nun espléndido urdido, por fortuna aínda inconcluso.

O percorrido vital de Demetrio Bilbatúa está vencellado ás dúas beiras do Atlántico, a Galicia e a México. De familia represaliada durante a Guerra Civil, o director e produtor cinematográfico desenvolveu a súa actividade profesional en México. Trazos autobiográficos, referencias de época e testemuños de familiares e amigos completan Galicia-México. Imaxe máxica, libro que recupera para a cultura galega a figura dun home que é testemuña de toda unha época. A historia de Demetrio Bilbatúa forma parte da historia dos galegos da diáspora.

Este é un libro no que se recollen os froitos e os testemuños de todo un traxecto vital e profesional que levou ao seu protagonista desde o Vigo da posguerra ao México do progreso e do cinema. Un relato tramado no diálogo de dúas voces paralelas: unha centrada na biografía de Demetrio Bilbatúa, nas súas reflexións, nos avatares da súa familia durante a Guerra Civil española, no seu encontro con México e, fundamentalmente, no desenvolvemento da súa carreira como camarógrafo e documentalista.; e, a outra, construída a partir dun xogo de imaxes, referencias de época, relatos e testemuños de familiares e amigos.

Ficha técnica

ISBN
8482888838
EAN13
9788482888835
Autor
Demetrio Bilbatúa
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Páginas
230
Año
2005
Estado de Conservación
Nuevo