- ¡En oferta!
Murguía, Revista Galega de Historia, con ISSN 1696-9197, é unha publicación semestral (cuatrimestral até 2008), formato papel e en galego, centrada na Historia de Galiza e a Humanidade; conxunto de características que a fan única no seu xénero.
Murguía, Revista Galega de Historia fica estruturada, desde o seu nacemento, en sete seccións:
- Fontes, apartado no que se editan textos históricos inéditos e/ou editados de grande relevancia e singularidade Investigación, é o grosso da revista, onde se teñen tratado e tratan diversas cuestións da historia a nivel nacional mais tamén local
- A Entrevista, espazo no que se conversa con persoas sobranceiras, quer coma historiadores/as, quer coma persoas de importante traxectoria histórica
- Lembranzas, sección na que se destaca a traxectoria e pensamento de persoeiros galegos a través dos seus propios textos
- Museos e Arquivos, onde paseamos e achegamos aos lectores e lectoras por unha institución que destaca polo coidado de pezas documentais, bibliográficas e, entre outras, hemerográficas, mais tamén por centros de investigación
- Lecturas, pretende ser un escaparate das novidades editoriais sobre historia, etnografía, antropoloxía, etc,
- A Rede, navegamos pola internet na procura de webs de interese cultural