De casa e solar coñecidos Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio (Xulio Pardo) Nigratrea

27,95 €

ISBN: 8495364360

Cantidad
No hay suficientes productos en stock

Estado de Conservación: Agotado

De casa e solar coñecidos. Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio constitúe unha definitiva aproximación ao mundo da fidalguía galega que tanta repercusión posúe na literatura galega. Porén, este traballo preséntase como unha análise máis que útil para o eido da filoloxía galega; non en van por el accedemos á esencia que o palaciano deita sobre a cultura de Galiza.

Baixo a fórmula dunha investigación na que se proxecta a entidade do elemento interdisciplinar, polas páxinas deste estudo circular, amais de cabaleiros, fidalgos e pazos galegos, os argumentos polos que a nosa cultura se deixou engarguelar por un elemento aristocrático diferencial e, por tanto, definir dunha esencia de seu ata en mundos tan tradicionalistas como o que aquí se retrata.

Xa que logo, grazas ao presente libro, a imaxe dunha fidalguía derivada do cabaleirismo medieval e que, malia tentalo, non conseguiu traspasar os lindeiros do século XIX, queda perfectamente delimitada para que, como así o fixo o autor noutras publicacións, se avalíe a nosa literatura palaciana.

Ficha técnica

ISBN
8495364360
EAN13
9788495364364
Autor
Xulio Pardo de Neyra
Idioma
Castellano
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
315
Año
2006
Estado de Conservación
Agotado