Galicia: unha luz no Atlántico (Víctor F. Freixanes, Ramón Villares) Xerais Edicions

46,95 €

ISBN: 8483027186

Cantidad
No hay suficientes productos en stock

Estado de Conservación: Agotado

Nas portas do terceiro milenio, debruzada no vello balcón atlántico, Galicia, a mítica Fisterra, preséntase como unha das culturas de Occidente con máis rica personalidade, configuradora dende moi antigo da nova Europa que anuncian os tempos. Polo Camiño de Compostela circula o espírito europeo dende hai máis de mil anos. Galegos hainos en tódolos mares e continentes do mundo. Un libro para coñecer un país non sempre comprendido.Ensaio crítico e viaxe cara a novas descubertas. Memoria antiga e renovada. O desafío da modernidade dende a consciencia crítica dos novos tempos no concerto plural das culturas e dos pobos todos do mundo.

Un libro especialmente ambicioso: unha viaxe pola Galicia de sempre. ¿Quen somos? ¿Onde estamos? ¿Cara onde queremos ir?. A Galicia milenaria, a Galicia dos mitos e da tradición, interpretada dende a exposición sistemática dos seus grandes momentos históricos, pero tamén dende o presente e, sobre todo, coa mirada posta no futuro, que habemos de saber construír entre todos.

Galicia. Unha luz no Atlántico é o resultado do proxecto de editar un grande libro que abordase a cuestión da identidade de Galicia e dos galegos entre dous milenios.

Dirixida por Víctor F. Freixanes e contando cun equipo escollido entre os mellores profesionais, ofrecemos aos lectores unha nova e ambiciosa tipoloxía editorial: un libro-atlas de cincocentas páxinas no que Galicia se explica a si mesma, dende a súa identidade de pobo antigo con máis de dous mil anos de historia, pero tamén, e sobre todo, no marco da contemporaneidade. Galicia. Unha luz no Atlántico constitúe a primeira obra que, dende a independencia da edición privada, presenta a realidade e os soños de Galicia nun único volume.

Un libro que ofrece aos lectores tres niveis de lectura: primeiro, un percorrido visual sobre máis de 2.500 ilustracións (fotografías e gravados, documentos históricos, infogramas documentais); segundo, unha síntese informativa cronolóxica organizada en 120 dobres páxinas temáticas, construída sobre máis de 15.000 referencias de autores, institucións, acontecementos históricos, obras de creación e de pensamento, períodos artísticos, citas, datos estatísticos, personaxes significativos; e, por último, unha lectura en profundidade sobre oito ensaios de información e interpretación crítica que abordan complementariamente os grandes temas que caracterizan a nosa identidade colectiva: a Historia, o Idioma, a Antropoloxía, a Paisaxe, a Emigración, a Economía, a Comunicación, a Globalización.

Ficha técnica

ISBN
8483027186
EAN13
9788483027189
Autor
Víctor F. Freixanes, Ramón Villares, etc
Idioma
Galego
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
490
Año
2002
Estado de Conservación
Agotado