Os rótulos da nosa vida (Ana Cocho, Jorge Lens, Robert Willemse) Galaxia Editorial

25,95 €

Referencia: 8411765121

Cantidad
Sin stock. Se puede pedir. Entrega estimada 7 a 10 días

Estado de Conservación: Nuevo

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer.

Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido.

Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade.

Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.

Ficha técnica

ISBN
8411765121
EAN13
9788411765121
Autor
Ana Cocho, Jorge Lens, Robert Willemse
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Año
2025
Estado de Conservación
Nuevo