Vigo por Magar I: 40 anos en branco e negro (Manuel García Castro) Xerais Edicions

49,95 €

Referencia: 8483029200

Cantidad
No hay suficientes productos en stock

Estado de Conservación: Agotado

Vigo por Magar constitúe unha síntese histórica dos últimos corenta anos da cidade olívica.Historias de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas. A soidade dos Herbello en 1962, os últimos habitantes de Cíes, o romance da Avenida de Beatriz, incrustado nunha pintada a brocha coa que un namorado quixo chamar a atención dunha veciña da que anos despois chamarían Avenida das Camelias; o estrondo dun atasco de tranvías en Policarpo Sanz (en 1967), pouco antes da chegada dos Vitrasas.No libro amósase o esforzo das carrexonas do Berbés, das mulleres traballadoras do rural, das mariscadoras ou das empregadas de Regojo, presentes en varias fotos moi potentes. Ou a traxedia do naufraxio do petroleiro Polycomander, os incendios da Panificadora e do Hotel balneario de Mondariz, o choque ferroviario de Rande ou a chegada dos féretros do accidente do río Órbigo, acontecementos recollidos en instantáneas estarrecedoras. Tampouco faltan as escenas da ledicia do ?Gordo? que caíu na Seara ou o tipismo das romaxes de san Mauro, san Blas, que se mesturan cos concertos de Raphael en Castrelos ou de Madonna en Balaídos. Nin as visitas de Franco, a manifestación pola Autonomía ou os días de folga xeral, os conflictos do naval que Magar soubo recoller con espírito crítico e comprometido.Nesta síntese apaixonada non faltan os retratos de tipos populares: Manolito Soler ou a Karina Falagan dos setenta; escenas dos vellos oficios desaparecidos: o sereno, os limpabotas ou a última fotógrafa da Alameda. Nin a presencia dunha longa galería de alcaldes; nin do deporte, dende o Vulcano de balonmán ao primeiro Celta europeo de xogadores galegos. Con todo, o eixo do libro, prologado fermosamente polo xornalista Fernando Franco, é a propia cidade de Vigo: dende o seu patrimonio desaparecido ata o proceso de crecemento urbano contemporáneo.Vigo por Magar provoca no lector un recordo que non é pasado. As fotos deste libro serven para restaurar a memoria da cidade de Vigo.

Ficha técnica

ISBN
8483029200
EAN13
9788483029206
Autor
Manuel García Castro
Idioma
Galego
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
283
Año
2002
Estado de Conservación
Agotado

También podría interesarle