A cociña de larpeiros: 150 receitas (Benigno Campos) Galaxia Editorial

20,95 €

ISBN: 8498652022

Cantidad
Sin stock. Se puede pedir. Entrega estimada 7 a 10 días

Estado de Conservación: Nuevo

Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros".

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar.

O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas.

"/>

Ficha técnica

ISBN
8498652022
EAN13
9788498652024
Autor
Benigno Campos
Idioma
Galego
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
179
Año
2009
Estado de Conservación
Nuevo