• ¡En oferta!

Unha ducia de galegos (Victor F. Freixanes) Galaxia Editorial

25,95 €

Referencia: 8491510656

Seleccione entre las siguientes opciones:
Cantidad
Sin stock. Se puede pedir. Entrega estimada 7 a 10 días

NOTA: el ejemplar con descuento es la edición de 1976.

A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu autor tiña daquela vinte e catro anos.

Doce persoas da cultura e da lingua galega, doce persoeiros do galeguismo falaban cun xornalista mozo sobre o pasado recente, o presente e o futuro dun país que, logo de corenta anos de ditadura, iniciaba o camiño das liberdades e o autogoberno.

Ordenadas cronoloxicamente, dende a memoria histórica de Ramón Otero Pedrayo ata a xeración inmediatamente anterior á do autor, representada por Carlos Casares, o libro apunta doce biografías, doce maneiras de entender o mundo e a realidade galega, voces diversas dun poliedro que, paseniñamente, entraba nos camiños da modernidade. Algunhas das conversas son pezas de referencia no xornalismo galego contemporáneo. Concibido coma un libro documento, recuperamos -corenta anos despois- doce anacos da memoria colectiva do noso país.

Ficha técnica

ISBN
8491510656
EAN13
9788491510659
Autor
Victor F. Freixanes
Idioma
Galego
Encuadernación
Rústica. Tapa Blanda
Páginas
295
Año
2017
Estado de Conservación
Nuevo