- ¡En oferta!
O `Diario de Eva´ e os `Retallos do Diario de Adán´ son dous longos relatos nos que está presente, como factor unificador, o vigoroso humor de Mark Twain, cun estilo directo, acedo e irreverente, e a mesma actitude franca e vital na defensa do ser humano, do que ridiculiza as súas debilidades e pretensións. No `Diario de Eva´ retrata a esta como unha muller inquieta que o quere comprender todo. E ten a necesidade de compartilo con alguén, facéndoo co seu indiferente compañeiro.