Recetario estacional da cociña galega: A cociña do inverno (Pepe Iglesias) Xerais

9,95 €

ISBN: 8475078656

Cantidad
No hay suficientes productos en stock

Estado de Conservación: Nuevo

A cociña do inverno pertence a unha serie de cinco volumes sobre o receitario estacional da cociña galega, escritos por Pepe Iglesias, gastrónomo de recoñecido prestixio.Este é un libro esencialmente práctico e útil na cociña, que parte dun tratamento rigoroso da historia dos nosos alimentos e da cociña tradicional, e que vén recuperar para a modernidade sabores intimamente ligados ós nosos fogóns. É a cociña dos sabores, dos arrecendos. A nova cociña. A cociña estacional, a que nace dos productos de tempada. E este é o libro do inverno. O tempo do marisco, do cocido, do Nadal, do Entroido, das filloas e as orellas de frade.Pepe Iglesias investiga as posibilidades da cociña galega moderna en pratos coma o caldo de peregrinos, as filloas de ameixas e allos porros, as lentellas con mexillóns, a robaliza ó zaballón de ourizos de mar, o ganso con nabos, o polo de curral encebolado, as filloas de sangue flamexadas con anís de chiles ou as orellas de entroido con mel de rosas.

Ficha técnica

ISBN
8475078656
EAN13
9788475078656
Autor
Pepe Iglesias
Idioma
Galego
Encuadernación
Tela. Tapa dura
Páginas
300
Año
1995
Estado de Conservación
Nuevo